Inicio       
Noticias
Voltar

 Un curso da UNED analiza a creación de cooperativas vitivinícolas

 Data: 29/06/2010


A relación entre o cooperativismo vitivinícola e o desenvolvemento local en zonas rurais será o eixo sobre o que xirarán as ponencias dun curso de extensión universitaria que terá lugar os días 9 e 10 de xullo no Edificio Multiusos do Barco.

Entre os relatores estarán, entre outros, o titular da Cátedra Jean Monnet e profesor de Historia Contemporánea, Luis Domínguez Castro, o responsable da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, Higinio Mougán, ou o profesor de Xeografía Humana Antonio Doval. Tamén se contará cos representantes das cooperativas de O Barco, A Rúa e Larouco, que exporán a súa visión do sector.

A matrícula para os interesados en participar terá un custo de 25 euros aínda que os da UNED só pagan 20 e 15 os desempregados.



© Expourense 2006 Información xeral e Aviso Legal