Un ano máis a Feira do Viño do Ribeiro celebrarase coincidindo coa primeira fin de semana do mes de xullo. O venres día 2 arrincará o programa festivo no que Concello de Ribadavia estará ó fronte da dirección de infraestruturas e organización, mentres que o Consello Regulador da D.O. Ribeiro atenderá os aspectos máis técnicos, como as catas ou a xornada profesional.
 |
|
Stand do C.R.D.O. Ribeiro na última edición de VINIS TERRAE. |
Segundo afirmaba o concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ribadavia Emilio Cuíñas, durante a presentación do cartaz promocional da feira, este reparto de actividades pretende optimizar os recursos “co obxectivo de programar unha completa oferta de fin de semana coa que promocionar a rexión e os viños do Ribeiro”.
Actividades
Antes da inauguración prevista para o día 2 coa ministra de Medio Ambiente, Rural y Marino, Elena Espinosa, terá lugar a sexta edición do encontro "Laconnetworks" no que participan 40 empresas galegas cuxas principais ferramentas de traballo son as novas tecnoloxías como portais turísticos, consultorías, viaxes e outras.
Os participantes reuniranse na igrexa da Magdalena, en Ribadavia o día 25 de xuño ás 15:00 horas e visitarán logo varias adegas da comarca.
Ademais, o día 29 de junio comezará o curso universitario de verán "A cultura o vino en la Edad Media" con conferencias durante tres días a cargo de medievalistas como Anselmo López Carreira, Ana María Rivera Medina e Carlos Roura.
O prato forte desta feira será o concerto do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, o sábado día 3 de julio no castelo dos Sarmiento a partir das 23:30 horas e contará coa participación do músico Xoel López, Deluxe.
|