Hoxe pola tarde foron entregadas as Medallas de Ouro da primeira Cata Extraordinaria VINIS TERRAE organizada por Radio Turismo en colaboración coa Aula Internacional de catadores, AULINCAT, nun acto que estivo presidido pola directora xeral de Comercio, Nava Castro, quen mostrou o apoio da Xunta de Galicia, de Galicia Calidade e do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a iniciativas como VINIS TERRAE que axudan a internacionalizar os noso produtos.

O xurado desta cata destacou a boa calidade dos viños presentados, todos eles pertencentes ás adegas expositoras en VINIS TERRAE 2010.
Os viños e licores premiados foron:
- Morgadío 2009 Albariño (D.O. Rías Baixas) - Terras do Gargalo sobre Lías (D.O. Monterrei) - Hacienda Ucediños Godello 2009 (D.O Valdeorras) - Gran Reboreda 2009 Treixadura-Godello-Loureira (D.O. Ribeiro) - Montesacro Selección 2009 (D.O. Rías Baixas) - Pazo Lalón 2008 Treixadura (D.O. Ribeiro) - Señorío de Rubiós Albariño 2009(D.O. Rías Baixas) - Colección Costeira Treixadura (D.O. Ribeiro) - Colección Costeira Treixadura Barrica (D.O. Ribeiro) - Galván Blanco 2009 (D.O. Monterrei) - Alberte 2009 (D.O. Ribeiro) - Santiago Roma (D.O. Rías Baixas) - Sameirás 1040 (D.O. Ribeiro) - Viñaredo Godello Barrica 2007 (D.O. Valdeorras) - Fillaboa 2009 (D.O. Rías Baixas) - Devanceiros Orujo Galicia 42º (D.X. Licores e Augardentes Tradicionais de Galicia)
As mencións especiais recaeron en:
- Albariño Abalo Méndez 2008 (D.O. Rías Baixas) - Sameirás Blanco 2009 (D.O. Ribeiro) - Señorío de Rubiós Condado Blanco 2009 (D.O. Rías Baixas) - Viña Farnadas 2009 (D.O. Ribeiro) - Arabo 2009 Albariño (D.O. Rías Baixas) - Nairoa 2009 (D.O. Ribeiro) - Arabo 2009 Albariño (D.O. Rías Baixas) - Teira X 2009 (D.O. Ribeiro)
O xurado quixo premiar a varias institucións, empresas e persoas a súa contante labor a prol do viño galego. Recibiron os diplomas desta cata a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, a Comisión de Comercio Exterior da Cámara de Comercio de Ourense, a Consellería de Medio Rural e Galicia Calidade. Ademais, foron nomeados “Magistral teacher”: o técnico do C.R.D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira; o catador e sumiller Antonio Raluy; o director do Centro de Formación de Hostelería de Ourense, Constantino Iglesias e o xefe de servizo de Promoción Agrolimentaria da Consellería de Medio Rural, Waldo Carreiras.
Os caldos que participarion nesta cata serán trasladados ata Xapón para ser expostos na Mostra Internacional de Viños Españois que se celebrará na cidade nipona de Sakazaki-Shima.
De carácter exclusivamente profesional, a terceira edición de VINIS TERRAE, Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade, pechará mañá martes 8 de xuño contando coa presenza de distrbuidores nacionais e importadores procedentes de 23 de países potencialmente interesados nos viños e licores galegos: Alemaña, Austria, China, Colombia, Dinamarca, España, Estados Unidos de América, Guatemala, Holanda, Malasia, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido, Singapur, Suíza e Xapón. Ademais, asistirán ó salón axentes que exportan a Bélxica, Canadá, Finlandia, Noruega, Rusia e Suecia.
Unha das novidades desta edición é a incorporación de Perú e Colombia. Trátase da primeira vez que asisten ó salón importadores destes países, considerados mercados en pleno crecemento e que poden converterse a medio prazo nun destino interesante para os produtos agroalimentarios galegos, entre os que destacan o viño e os licores, grazas aos distintos convenios de cooperación existentes entre estes países e a Unión Europea para ir liberando paulatinamente os aranceis.
A xornada de hoxe rematará coa visita a varias adegas para que distribuidores e importadores poidan analizar in situ o proceso de elaboración do viño galego.
|